I Encontro Tradicional de Xogos Populares

 

 

O Departamento de Deportes do Concello de Boiro puxo en marcha un programa de Xogos Populares o mércores 17 de maio, xa non só co motivo do Día das Letras Galegas, senón para os rapaces e maiores que coñeceran e practicasen actividades que antigamente eran cotiás e que, pouco a pouco, polas razóns que sexan, foron caendo en desuso.

Pola mañá, ás 11:00 h., no parque da Cachada, realizaronse Xogos populares cos rapaces dos centros de ensino do concello: Santa María do Castro, Escarabote, Abanqueiro, Cespón, Praia Xardín e Santa Baia. Así, os cativos poideron practicar xogos coma os aros de lanzar, a rá, a chave, os bolos, os zancos, os pelouros.... Ademáis, incluiuse un pequeno apartado de competición para motivar se cabe máis os rapaces. Competiron pola medalla a nivel individual en actividades coma a chave, os bolos e a rá. A nivel colectivo, participaron representando ós seus centros de ensino en xogos coma a carreira de sacos ou o tiro da corda. Houbo trofeos para todos os colexios que participaron na xornada.


                                                                                 

 Fotos hechas por Dani  Gestoso